Beatus viaxa desde as raíces máis fondas do ser humano cara a unha contemporaneidade distinta. Sen unha narrativa lineal e con multitude de trazos performativos, provoca na sensibilidade das espectador construcións emocionais e sensoriais, persoais e únicas, derivadas da simbiose de corpos en movemento, voces en harmonías complexas e textos de profunda pegada no imaxinario colectivo.
É unha aposta por chegar de forma sutil pero directa ata o máis fondo do público.
Tras anos de investigación sobre a arte do actor, en 2009 fundamos o primeiro laboratorio escénico estable en Cantabria cun espazo propio e unha liña de traballo baseada nos principios da Antropoloxía Teatral e o adestramento actoral coma sinais de identidade. Os nosos espectáculos baséanse na investigación de novas linguaxes e formas de comunicación escénica que beben da tradición para proxectarse ao momento presente. Construímos propostas baseadas en facer do feito teatral unha experiencia única e irrepetible entre creador e espectador.
Web | Twitter | FacebookPrevia recollida da invitación presencialmente ou na web www.centrotitobustillo.com
Entrada libre e gratuíta ata completar capacidade.
Entrada libre e gratuíta ata completar capacidade.
Entrada libre e gratuíta ata completar capacidade.
Encontros nas estrelas: Ao remate da función
Encontro post-función co público asistente, directora da peza e reparto